Rianxo

Rianxo acolle o I Seminario Galego de Deporte Base

O Clube Xuvenil de Formación Cultural e Deportiva de Rianxo organiza o vindeiro día 12 de Outubro o “I Seminario Galego de Deporte Base Concello de Rianxo” no Auditorio Municipal desta localidade.
Trátase da primeira edición dun evento destinado a todas as persoas que están relacionadas co deporte base, xa sexa na formación, competición ou afección. A finalidade é a de achegar a ditas persoas os coñecementos necesarios para o desenvolvemento do seu traballo, e da práctica deportiva, nunhas condicións óptimas.
Especialistas procedentes do mundo da formación no deporte, ofrecerán os seus coñecementos a través de charlas e mesas de debate. Trataranse temáticas diversas nos campos da nutrición, psicoloxía, primeiros auxilios, adestramento deportivo ou pedagoxía.
A Asistencia ao Seminario Galego de Deporte Base Concello de Rianxo é totalmente gratuíta ata cubrir as prazas existentes. O prazo de inscrición pecharase o día 9 de Outubro como data límite, podendo formalizarse a reserva de praza a través da web www.formacionbase.com
Esta iniciativa está patrocinada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia a través do programa Iniciativa Xove. Na súa organización colabora, ademais, o Concello de Rianxo.

https://www.youtube.com/watch?v=EkN9MOnHolk

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.