Morriña, reseso, meiga ou as diferentes formas de chamar a chuvia son algunhas das palabras que forman a exposición impulsada pola Xunta ‘Orgullo da nosa lingua’, que xa se pode visitar na praza do Concello de Ribeira. Esta mostra recolle algunhas das peculiaridades e trazos de identidade do galego e da súa evolución co obxectivo de promover o idioma entre a poboación.