A segunda xornada do grupo Costa-Santiago saldouse con resultado de todo tipo para os equipos da comarca encadrados nel. O Puebla firmou pleno de vitorias ao impoñerse na Alta a un Dumbría que lle puxo as cousas moi complicadas. Tamén gañou o Valiño ao impoñerse ao Cruces, inaugurando así o seu casilleiro de vitorias. O Unión non puido pasar do empate a ceros contra o Praíña e a Esteirana pinchou ante o Fisterra na súa estrea na casa.