O salón de plenos da Casa do Consistorial de Ribeira acolleu a entrega de premios de Artemar Riveira 2016. O acto contou coas intervencións da concelleira de Promoción e Dinamización Económica e Cultura, Fabiola García e do presidente da Asociación de Empresarios, Antonio Miranda.
Nun acto que contou coa sistencia de numerosos comerciantes, responsables de establecementos hostaleiros, artistas e asociacións que recolleron cadanseus diplomas conmemorativos pola súa participación e implicación na feira, fíxose entrega dos galardóns ás tres entidades gañadoras dos Concursos que se realizaron durante a feira, o premio de Escaparatismo recaeu na boutique Alalba, foi a gañadora entre os 19 establecementos presentados ó concurso, dos 9 negocios que participaron na categoría de Decoración de Locais de Hostalería, a Vinoteca Abuela Gloria levouse o galardón, e o premio á Mellor Tapa de Artemar, caeu nas mans de A Recoveira. O presidente dos Empresarios aproveitou o acto para agradecer ó Concello de Ribeira a promoción que se fai con estes premios para dinamizar o comercio local.
A concelleira de Promoción e Dinamización Económica Fabiola García felicitou a todos os participantes neste concurso animandos a repetir o vindeiro ano.
A feira Artemar desenrolouse en Ribeira entre o 18 e o 21 de agosto, cun gran éxito de participación.
https://www.youtube.com/watch?v=ABJaTg4ohro