Os polígonos de bateas da ría de Muros levan meses pechados pola afección da toxina, estes episodios de toxina son frecuentes nas rias galegas, o problema é cando se prolongan no tempo, como é o caso de Muros.
Ademais de causar un gran prexuízo económico para os productores e traballadores do mexillón, pode causar o desplome das cordas nas bateas polo peso que se acumula.
En Muros arredor dun cento de persoas se ven afectadas por esta situación para a cal non hai de momento solución mais que agardar a que a toxina remita.
Dende a Conselleria do Mar permitíronlle desdoblar as cordas, pero esto non resolve o problema, so lles axuda a gañar algún tempo agardando que a toxina desapareza.