O fútbol regresa unha fin de semana máis con diversos encontros nos que os equipos da comarca que disputan a Preferente buscarán os mellores resultados. Esta segunda xornada no grupo Norte preséntase con moita emoción. O Boiro e o Cidade de Ribeira farán a súa estrea ligueira lonxe da casa xa que os boirenses xogarán no campo do Lalín e os ribeirenses na Coruña ante o Victoria. O Noia contará co arroupo da súa afección para medirse ás Pontes.