Cunha achega da Deputación da Coruña estase a realizar unha obra na aula activa do mar para crear un centro de emprendemento, onde habrá espacio para instalación de 4 empresas de nova creación, co fin de poiar o emprendemento.
Dende o Concello de Rianxo intentan favorecer o emprendemento como unha saída laboral, traballan na elaboración dun regulamento para usar estas instalacións e favorecer ás pequenas empresas. Dito regulamento será aprobado en Pleno pola corporación local.
Esta actuación foi aprobada pola mesa de contratación do concello de Rianxo da que forman parte todos os grupos politicos da corporacion rianxeira.
https://www.youtube.com/watch?v=_AgOGvxMFCg