O baloncesto enténdese sobre unha cancha, desfrutando do xogo e de todos os matices que agocha. É un dos deportes máis practicados en todo o mundo polo que as fronteiras desaparecen. O equipo feminino do Caledonia Gladiators, de Escocia, está esta semana adestrando en Noia, lugar proposto polo seu adestrador, o español Miguel Ángel Ortega, que dirixiu equipos punteiros en España como o Perfumerías Avenida ou o Ensino de Lugo.