O broche final do verán chegou onte en Ribeira coa fin das celebracións na honra da súa patroa: Santa Uxía. Onte foi o día grande das festas na que a misa cantada centraba as actividades. A Porta do Sol viviu unha mañá diferente pola que pasaron centenares de ribeirenses que non se querían perder a homenaxe á patroa. A igrexa quedouse pequena e moitas persoas se xuntaban na porta para asistir á eucaristía oficiada polo arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto.