Muros

O porto deportivo de Muros á cabeza en canto a número de embarcacións en tránsito en Galicia

O Presidente en funcións de Portos de Galicia visitou esta mañá o porto deportivo de Muros para dar conta do número de embarcacións deportivas que aqui recalaron ó longo do verán. Juan José Durán estivo acompañado pola alcaldesa muradá María José Alfonso, o Patrón Maior, Daniel Formoso e o xerente da empresa Muport, xestora do Porto Deportivo, Armando Barbazán.
Durante a visita, Durán Hermida destacou a importancia de recoller en Muros un número tan elevado número de tránsitos, dado que repercute no número de visitantes que se achegan á vila, e con elo na economía. O porto de Muros recibiu durante os meses de xullo e agosto 559 embarcacións.

O presidente de Portos destacou algunhas accións promovidas pola Consellería do Mar para impulsar a náutica recreativa.
Unha delas é a adhesión de peiraos deportivos autonómicos á rede náutica internacional Passeport Escales, que inclúe 120 portos de Francia, Reino Unido, Irlanda e norte de Europa. Esta rede impulsou durante os meses de xullo e agosto un total de 711 pernoctas nos 14 portos deportivos de titularidade autonómica galega, o porto de Muros acadou un total de 131 pernoctacións desta rede internacional. ó longo do ano mais de 3000 persoas recalaron no porto muradá.

Outra das accións da Consellería do Mar é a promoción dos portos deportivos de Galicia en distintos salóns náuticos nacionais e internacionais. Nesta liña destaca a súa participación, a través de Portos de Galicia e en colaboración con Turismo de Galicia, en eventos de referencia no sector do turismo náutico, como o a feira Fitur de Madrid, o Salón Náutico Internacional Grand Pavois, de La Rochelle e o Salón Náutico de París.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.