Os amantes dos deportes no mar terán esta fin de semana varias opción para poder desfrutar de diferentes disciplinas. O domingo as miradas estarán postas en San Sebastián onde se disputará a derradeira xornada da Bandeira da Concha. Esta tradicional regata vivirá unha nova edición na que aínda está todo por decidir pero na que Urdaibai tomou a dianteira na proba inaugural masculina.



