A mesa de contratación do Concello de Rianxo, que integra a todos os grupos políticos do Concello está a resolver nestes días a adxudicación dos diferentes proxectos de obras correspondentes a programas da Deputación Provincial nos Concellos. Trátase dunha serie de melloras en viais, saneamento e parques moi demandadas polos veciños. Esta mañá o alcalde, Adolfo Muiños, daba conta destas actuacións.
Nos vindeiros días tamén se vai adxudicar un paquete de obras para a mellora de pistas con vinte e cinco actuacións noutros tantos viais das parroquias de Rianxo, cun importe de 149.511 euros e con cargo o PAI 2015.
Unha terceira contratación a piques de se pechar é a remodelación de áreas recreativas e pistas polideportivas descubertas. Cun importe de 100.537 euros. (PAS 2016)
Nas vindeiras semanas incoarase o expediente para realizar varias obras de Saneamento e actuacións de mellora en varios centros culturais , como a Casa da República de Isorna, o Centro Vicente Vidal de Leiro e as Escolas vellas de Asados .