Galicia tinguiuse de azul nas urnas, Feijoo arrasou obtendo a maioría absoluta, converténdose no único presidente que gobernara unha autonomía con maioría absoluta.
Estas foron as eleccións con maior participación, cun total de 1.436.294 votantes, representando un incremento da participación do 8.84% con respecto ás eleccións do 2012.
O PP logra 41 escanos con 676.676 votos, En Marea irrompe con forza no Parlamento Galego, sendo a segunda forza mais votada, obtén 14 escanos, con 271.418 votos, como terceira forza o PSdeG-PSOE con 14 escanos e 254.552 votos, o BNG-NÓS quedaría como 4º forza con 6 escanos e 118.982 votos, C´s queda sen representación no Parlamento.
O PP gañou en todos os concellos da comarca do Barbanza e Muros Noia. A segunda forza mais votada na comarca do Barbanza foi en Marea, cun 18,84% de votos. En Outes o PP logrou a maior porcentaxe de votos, obtendo un 59 % dos votos, Lousame foi o segundo concello da comarca onde PP obtivo maior numero de votos, un 58%, seguido de Ribeira cun 51,76% dos votos.
