O Museo do Gravado de Artes en Ribeira acolleu o sábado a entrega dos galardóns do VII Premio Internacional de Gravado Atlante, unha distinción que premia a calidade artistica. Ó acto de entrega dos galardóns, realizado no propio museo, asistiron ó Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o presidente e o vicepresidente da fundación, Manuel Ruiz e Javier Expósito, o senador José Luis Torres, os alcaldes da Pobra e Boiro; a filla adoptiva Magdalena Bringas, entre outros.
O Premio de Gravado Atlante distinguiu na súa sétima edición as obras de Iván Araujo, Mateusz Turek, Manuel Moreno, Francisco Igeno e Encarna Méndez.
https://www.youtube.com/watch?v=7e-4wjYVG00