Recentemente a plataforma Stop Desafuizamentos Barbanza enviou un escrito ao fiscal superior de xustiza de Galicia para dotar de alternativas habitacionais a familias desaloxadas vulnerables que o precisen. O colectivo trasladou á fiscalía a súa preocupación para que se incremente o diálogo entre os xulgados, a FEGAMP e a Xunta e se busquen solucións.