jueves, septiembre 21, 2023

O luns comeza o esparexemento da palla en Porto do Son

Comezan en Porto do Son os traballos de protección das zonas queimadas no mes de agosto, esta mañá un camión descargaba en Caamaño a palla que se vai empregar para cubrir o terreo queimado, cunha técnica denominada mulching, coa que se protexe a terra evitando a perda de terreo, e o arrastre de semillas e cinxas. Unha técnica empregada xa neste municipio en abril do 2014. Un traballo arduo co que tratarán de minimizar os danos medioambientais tralos incendios, mais as perdas xa non teñen remedio, o presidente da comunidade de montes de Caamaño daba conta da situación en que quedaron os montes desta parroquia.

https://www.youtube.com/watch?v=gJT9LyA-ces

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.