Técnicos municipais visitaron esta mañá as obras da ludoteca de Porto do Son

En marcha as obras de construcción dunha ludoteca infantil en Porto do Son, unha actuación que ten un prazo de execución de 4 meses e un presuposto de 188.000 euros. Unha vez rematadas as obras desta actuación ubicada nos baixos da escola infantil dará servizos complementarios á esta gardería, para nenos e nenas de 4 a 12 anos.
O arquitecto técnico Alfonso Salgado realizaba esta maña unha visita as obras, comprobando o seu avance. A estancia contará cunha sala de 100m2 divisible, aseos, almacén, despacho, zona de mobiliario e mesmo un arquivo para o concello.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.