Conde asegura que a modernización do tecido empresarial pasa pola innovación e pola mellora da formación dos traballadores

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Santiago na xornada Skills 4.0. Retos formativos para a nova industria, na que destacou a importancia de que Galicia se sitúe á vangarda da Industria 4.0, cunha aposta decidida pola modernización do tecido empresarial a través da innovación e da mellora formativa dos traballadores.

O Coselleiro agradeceu a colaboración dos principais sectores empresarias de Galicia, como o naval, o téxtil, a automoción, a acuicultura, a industria da madeira ou da alimentación, na elaboración dun informe do Igape no que se avalían os pasos que é preciso dar para seguir ofrecendo respostas que contribúan á implantación do novo modelo industrial.
O conselleiro asegurou que o modelo produtivo do futuro pasa por manter o espírito de colaboración actual entre a Xunta e o sector empresarial para favorecer a implantación da Industria 4.0, o que implica traballar a prol da modernización das empresas, impulsando a fábrica intelixente; da mellora dos procesos de innovación, mediante ferramentas como as Unidades Mixtas de Investigación; da adaptación da formación ás necesidades reais do mercado, fomentando a FP dual; e da aposta pola eficiencia enerxética a través das enerxías renovables para aforrar custos ás empresas e protexer medio ambiente.

Conde aproveitou a súa intervención, celebrada no Museo Pedagóxico de Galicia, para subliñar a consolidación que está a ter a cultura emprendedora na comunidade galega. Segundo o informe GEM de 2015, alcanzáronse os mellores niveis da última década: o 5,51% da poboación mostra a súa intención de emprender, un 40% máis que no ano 2014. De feito, Galicia xa está situada na media de España e mellorando a súa posición no contexto nacional e internacional.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.