Máis de dez anos levan o Concello de Boiro e a Asociación Boirense de Empresarios colaborando na difusión da idea de que a cultura ten un papel importante na economía. unha relación Cultura -Empresa que se estivo a explorar coa celebración de charlas, conferencias, e eventos, como o Noite Aberta ou o PECHA KUCHA .
Agora dase un paso máis coa posta en marcha do NETWORKING CREATIVO no que participan 15 empresas, A dinámica da xuntanza de traballo estará dirixida por Diego Parajó, coñecido Facilitador de procesos creativos, Experto en Xestión Cultural, Máster en Responsabilidade Social Empresarial.
Os obxetivos deste networking son os de fortalecer un sector incipiente, explorar colaboracións e sinerxias internas e tamén constatar como a unión de todas estas experiencias traslada cara fora unha imaxe-territorio de dinamismo e vangarda. Polo que as conclusións obtidas nesta sesión de traballo conxunta quedarán recollidas nun documento para continuar traballando nesta liña.
https://www.youtube.com/watch?v=VoIzxFXxznI