A especie por excelencia de Aguiño é o percebe. Este ano non está a ser un dos mellores que se recorda xa que a súa extracción tivo que pecharse a finais de febreiro pola súa escaseza. Esperábase que no verán se obtiveran resultados diferentes, sen embargo nas últimas semanas reducíronse os días de traballo para preservar o recurso. A semana pasada só foron dúas xornadas a traballar ao percebe

