6 maiores da Pobra e unha de Ribeira son as primeiras usuarias do Centro de Dia da Pobra.

Esta mañá puidemos comprobar o bo funcionamento dunhas instalacións que, por diferentes motivos, tardaron varios anos en comezar a andar. Con 20 prazas habilitadas, nestes primeiros días só 7 están ocupadas. 6 mulleres da Pobra e unha de Ribeira foron as primeiras en animarse a facer uso destas instalacións. A xornada neste centro dia faise moi amena para os usuarios que realizan actividades para mellorar as súas capacidades e habilidades.

O centro abre dende as 8 da mañá ata as 8 da tarde e ofrece a opción de almorzar, xantar e merendar nel.

Hai ademais servizo de transporte ata os domicilios dos usuarios e usuarias.

https://www.youtube.com/watch?v=MlB59iuSZs8

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.