As citas gastronómicas son unha constante no verán da comarca e de Galicia. Ribeira encheuse esta fin de semana de produtos do mar e de visitantes que non se quixeron perder as propostas culinarias presentadas na segunda Feira GastroMar, onde os produtos do mar ribeirenses foron os protagonistas. Os lirios, as sardiñas, os mexillóns, as ameixas, as navallas, as nécoras e o polbo foron degustados por centenares de persoas atraídas pola súa calidade.