Ribeira

O GASTROMAR ABRIU AS SÚAS PORTAS EN RIBEIRA POR SEGUNDO ANO

O mar é unha constante en Ribeira polo que hai un ano a Asociación de Empresarios do municipio, en colaboración co sector do mar, impulsou a Feira GastroMar para dar valor aos produtos pescados en augas ribeirenses. Debido ao éxito da primeira convocatoria impulsouse unha segunda edición que comezou hoxe e na que se poderán degustar diferentes propostas protagonizadas por sardiñas, lirios, mexillóns, ameixas, navallas, nécoras e polbo. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destacou o potencial pesqueiro de Ribeira e a necesidade de contar con estas exaltacións para impulsar o produto.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.