Esta mañá o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, visitou o Concello de Boiro para supervisar as actuacións que está a desenvolver o Executivo central no municipio. Estivo acompañado polo alcalde da localidade, José Ramón Romero, quen agradeceu o apoio en varios proxectos e sobre todo no que está a piques de comezar: a renovación da Casa da Cultura de Boiro na que se investirán 2,6 millóns de euros.
O GOBERNO CENTRAL E O CONCELLO DE BOIRO ÚNENSE PARA RENOVAR A CASA DA CULTURA DE BOIRO


