Boiro é sinónimo de cultura, algo que levan corroborando nos últimos anos cunha gran aposta neste eido que volveu a ser notable neste período estival. O mes de agosto trouxo consigo un cóctel amplo de actividades culturais que están a facer as delicias de nenos e adultos. Hoxe a mañá o Parque da Cachada encheuse coa música de Brais das Hortas e dos coros de decenas de nenos que se achegaron para ver o seu “Concertazo na horta”.
BRAIS DAS HORTAS AMOSOU O SEU HUMOR ANTE OS MÁIS CATIVOS DE BOIRO. AS ACTIVIDADES CULTURAIS PROTAGONIZAN O MES DE AGOSTO NO MUNICIPIO


