Deportes

O CLUB XADREZ RIANXO REMATOU A SÚA PARTICIPACIÓN NO CAMPIONATO DE ESPAÑA POR EQUIPOS NO OITAVO LUGAR

O xadrez é unha disciplina que nos últimos anos vén pegando forte en Rianxo. O Club local acaba de disputar o campionato de España por equipos que se celebrou en Linares, Xaén, entre o 13 e o 18 de agosto. O equipo rianxeiro estivo representado por Fernando Sánchez, Samuel Villar, Marcial García, Karem Zapara e Daniel Martínez e tras un campionato intenso firmaron un meritorio oitavo posto na xeral nesta proba nacional na que participaron 59 clubs.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.