jueves, septiembre 21, 2023

A Deputación destina 85.000 euros ás entidades agrarias e labregas da provincia da Coruña

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe martes, 20 de setembro, a concesión de subvencións de fomento agrícola dirixido ás asociacións agrarias e labregas da Coruña para financiar investimentos durante o ano 2016.

Un total de 37 entidades da provincia recibirán 85.118,14 euros cos que sufragarán gastos de maquinaria, material para o campo e de mantemento. Os conceptos das subvencións son variados; dende a elaboración de proxectos de ordenación e repoboación forestal, ata a adquisicón de vehículos agrícolas ou ferramentas e maquinaria.

As comunidades de montes e as entidades gandeiras son algunhas das axudas máis destacables da convocatoria. Así, a Comunidade Veciñal en Man Común de Barreira e Guiende (Lousame) obtivo 4.500 € euros que se empregarán na elaboración do Proxecto de Ordenación do seu monte comunal. Tamén reciben fondos para este fin as comunidades de montes de Olveira e Artes (Ribeira) , Barbanza de Postmarcos (A Pobra do Caramiñal) , Miñortos (Porto do Son) e de Vilarmaior.

A Comunidade de Montes Barbanza de Lesón percibe nesta convocatoria 5.999,62 euros para a mellora das infraestruturas gandeieras neste monte, mentres que a de Cobas-Esmelle (Ferrol) recibirá 1.984, 14 euros para un proxecto de repoboación forestal con pinos do país e a de Brión contará cunha achega de 3.471,95 euros para a construción dun local e almacén.

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.