O último roubo rexistrouse esta madrugada no comercio de lencería Tití, ubicado na rúa Gasset. O ladrón entrou rompendo unha cristaleira de seguridade, cunha pedra de gran tamaño, o que fixo saltar a alarma. Eran as 8 da mañá cando alertaban á propietaria do establecemento de que a alarma habia saltado e de inmediato se deu aviso á Garda Civil. Mais o ladrón xa escapara coa caixa rexistradora que apenas contiña algún cambio. Ata o lugar despráronse axentes da policía xudicial da Garda Civil, que estiveron a tomar pegadas no lugar, e xa identificaron ó caco que foi grabado polas cámaras de seguridade, ademais deixou o seu sangue polo establecemento ó cortarse durante a fazaña. Trátase dun coñecido delincuente da Pobra con numerosos antecedentes por feitos similares.
https://www.youtube.com/watch?v=tTqB7CcyL-A