OS PROFESIONAIS TERÁN QUE AGARDAR AO REMATE DO ANO PARA CONTABILIZAR O TOTAL DAS PERDAS
Un dos problemas que está a afectar nesta época ao mexillón é a súa alta mortaldade. Ao bivalvo cústalle medrar na ría de Arousa o que se suma á mortaldade que se está a rexistrar no recurso que crece na parte alta das cordas. Unha situación que preocupa ao sector bateeiro.

