EN OPTIMIST VENCEU EVAN PÉREZ, EN ILCA4 EDUARDO FERREIRO, MENTRES QUE A ESCOLA QUEDOU PENDENTE DE RESOLVER
O sábado deu comezo nas inmediacións do Náutico de Ribeira unha nova edición da Regata Gadis que nesta ocasión contou cunha gran novidade ao estar destinada a impulsar a vela infantil e xuvenil. O primeiro día da proba foi un éxito no que os participantes desfrutaron dunha gran xornada no mar.