Sin categoría

Mallan nunha anciá de Beluso para roubarlle na súa casa

Unha veciña de Beluso de 87 anos foi vítima dun terrible suceso na tarde do domingo, mentres os veciños e veciñas de Boiro desfrutaban da tarde de fútbol nun campo cercano, a Celia entrábanlle a roubar na casa. A muller, que soe ter a porta pechada, tiña nese momento a porta aberta para axudar ó tiro da chimenea a ventilar, ó atoparse prendendo a cociña de leña. A mala sorte ou quizais a aguileza dos cacos fixo que entrasen na súa casa e golpeasen na muller. Ós gritos de Celia responderon os veciños do lugar, que saíron a correr para axudala, máis os maleantes puideron escapar.
Ata o lugar desprazouse a Garda civil e unha ambulancia, que trasladou a anciá ata o hospital da Barbanza con varios golpes na cara e na cabeza.

Salir de la versión móvil