A XENTE VAI MENOS ÁS UNIDADES MÓBILES NO VERÁN POLO QUE OS MÉDICOS FAN UN CHAMAMENTO PARA QUE SE SIGAN REALIZANDO DOAZÓNS
As unidades móbiles de doazón de sangue seguen percorrendo Galicia e a comarca no verán. Hoxe estivo na praza do concello de Boiro, punto no que volverá a estar mañá sábado, e a xente vai achegándose a diferentes horas do día para doar o seu sangue.

