NOS CONCELLOS DO BARBANZA CONCEDEU AXUDAS POR UN VALOR DE 550.400 EUROS
A Deputación da Coruña aprobou esta semana a concesión definitiva de subvencións correspondentes ás axudas para a consolidación e fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia. Un ano máis unha serie de empresas contarán coa apoio do PEL Emprende Investimento 2023 no que o ente provincial destina un total de 3,76 millóns de euros. Irán destinados a 491 negocios da provincia que destinarán esta subvención á compra de maquinaria, aplicacións informáticas, mobiliario e equipos para procesos de información.