En torno ás 13.00 horas desta mañá produciuse un accidente en Porto do Son, na AC-550 no lugar de Caamaño. Un condutor de 71 anos perdeu o control do seu vehículo cando circulaba en dirección a Ribeira e chocou con outros dous que estaban estacionados. Ata o lugar desprazouse unha ambulancia do 061 que trasladou ao home ao hospital do Barbanza para comprobar o seu estado despois do accidente. Segundo apunta a Garda Civil de Tráfico, o vehículo que impactou contra os coches aparcados quedou siniestro e probablemente un dos afectados tamén.