A XXVII EDICIÓN DESTA PROBA CHEGARÁ O SÁBADO AO NÁUTICO DE BARRAÑA E NELA PARTICIPARÁN MÁIS DE 60 PERSOAS
Durante esta época do ano é habitual botar unha ollada á ría de Arousa e ver como os veleiros sucan as augas en plena competición. As augas de Boiro tamén se encherán destas embarcacións esta fin de semana xa que por elas pasará a XXVIII regata crucero Cenor Trofeo Concello de Boiro que se desenvolverá entre o 19 e 20 de agosto entre o náutico de Portonovo e o de Barraña.

