As probas deportivas non deixan de estar presentes na comarca. Unha competición xa habitual no calendario estival regresa a Ribeira para vivir a súa XIX edición. Trátase da Andaina 50K Concello de Ribeira que se desenvolverá o vindeiro sábado 2 de setembro e que nesta ocasión contará con novidades.