O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou en Oleiros que os preto de 110 centros deste tipo que existen en Galicia promoven o emprego de calidade entre 2.000 persoas con discapacidade. Indicou que estas empresas son un exemplo de emprego inclusivo, xa que explicou que pese ás dificultades seguen a fomentar o traballo estable, como é o caso de Cegasal, un colectivo que ten asociados máis de 60 centros.
Conde explicou que o emprego é a mellor fórmula para acadar a inclusión e, neste senso, apuntou que o compromiso da Xunta coa discapacidade e o apoio ao emprego inclusivo é firme.
Así mesmo, resaltou a importancia de traballar para que as empresas ordinarias sigan a contratar a persoas con capacidades diferentes.
Con respecto á visita que desenvolveu ao Centro Especial de Emprego de Hornos Lamastelle, Conde gabou o labor dos preto de 60 traballadores que elaboran todo tipo de empanada galega, con distintos tipos de masas, recheos e formatos, así como tarta de Santiago.
Sinalou que é unha iniciativa empresarial recoñecida tanto en Galicia como no resto do país, lembrando que os seus produtos pódense atopar en toda España.
https://www.youtube.com/watch?v=JagfdnCIUzs