Sin categoría

Os riveirenses que cursan estudos fóra do municipio xa poden solicitar bonobuses

Xa está aberto o prazo en Ribeira de solicitude do bonobús para o curso académico 2016-2017 que está dirixido a estudantes riveirenses que se están a formar en Santiago, A Coruña, Ferrol, Ourense, Lugo, Vigo e Pontevedra.

Os talonarios deberán ser retirados nas correspondentes empresas, previa presentación de autorización expedida polo Concello:
• Arriva Noroeste: para os traxectos Riveira-Santiago e Santiago-Riveira;
• Monbus (Castromil S.A.) para as líneas Santiago-A Coruña, Santiago-Ferrol, Santiago-Ourense, Riveira-Pontevedra e Riveria-Vigo, así como as viaxes inversas en todas elas.
• e Freire S.L.: para Santiago-Lugo e Lugo-Santiago

Bonificacións
No caso de Arriva Noroeste, as bonificacións a que teñen dereito os alumnos son do 40% do custe da viaxe nos talonarios de 10 desprazamentos; do 50% nos talonarios de 20; e do 75% nos de 60. Nas outras dúas compañías os talonarios son para 20 viaxes, cun desconto do 50%.

Como requisitos cómpre estar empadroado en Riveira e cursar ensinanza oficial regrada que non poida ser realizada no noso municipio.

A efectos de cumprimentar a autorización cómpre cubrir un impreso de solicitude que está a dispor tanto na páxina web do Concello (http://www.riveira.es/o-concello/tramites-en-lina/) como na Oficina de Atención Cidadá. Co impreso débese achegar copia do DNI e copia da matrícula do curso 2016/2017. A documentación debe ser entregada na nova Oficina de Atención Cidadá (andar baixo do Consistorio Local).

Salir de la versión móvil