Icono del sitio CanalBarbanza.com

OS PROFESIONAIS DO MAR DA RÍA DE MUROS E NOIA CONTINÚAN NA LOITA POR PRESERVAR O SEU OFICIO

O COLECTIVO OPONSE Á POSIBLE EXPLOTACIÓN DA MINA DE SAN FINX POLOS VERTIDOS CONTAMINANTES QUE CHEGARÍAN AO MAR

A ría de Muros e Noia é un dos puntos máis ricos da comarca no referente á biodiversidade, pero tamén na economía e emprego. Máis de 2.000 mariscadores traballan a diario nela, máis todos os postos indirectos que se crean da actividade pesqueira e marisqueira. O motor do territorio que podería verse danado coa explotación da mina de San Finx e os residuos que poderían chegar ao mar.

Salir de la versión móvil