O OPEN DE PORTOSÍN DISPUTASE AO LONGO DESTES DÍAS E NEL PARTICIPAN TENISTAS CHEGADOS DE DIFERENTES PUNTOS DE GALICIA
Esta fin de semana o deporte ten un oco asegurado no calendario da comarca. Portosín acolle un novo torneo no que se vive dende xa a emoción da raqueta. Trátase do Open de Portosín no que se disputan as categorías absolutas masculina e feminina e tamén inferiores.

