Con motivo do día mundial do doante da médula ósea, o sábado 17 de setembro, realizaranse carreiras solidarias en toda España, para unirse ó » RETO UN MILLÓN» . Unha destas carreiras vaise realizar na vila de Noia, organizada por SOS médula Galicia baixo a coordinación dende Madrid de UNIDOS POR LA MÉDULA. O obxectivo destas carreiras solidarias é concienciar á poboación da importancia de facerse doante de médula, e tratar de lograr un millón de doantes respondendo á campaña iniciada por un mozo malagueño, Pablo Ráez, que con tan so 20 anos é todo un exemplo na loita contra a leucemia.
A carreira solidaria sairá ás 17 h dende a alameda noiesa.
https://www.youtube.com/watch?v=G2bbta0g8UI