A Carreira Popular da Pobra o 27 de agosto é o pistoleiro de saída do VI Circuíto de Carreiras Populares do Barbanza Arousa. Unha proba xa consolidada que reúne a competidores de tódalas idades que participarán en diferentes categorías, dende a sub-6 á master 4 e zapatilla inclusiva.