A POLICÍA AUTONÓMICA investiga a unha veciña de RIBEIRA como presunta autora de un incendio en OLEIROS

A Policía Autonómica informa da investigación de unha muller como presunta autora de un lume no concello de Ribeira, producido durante esta mesma semana.

Axentes da Policia Autonómica de Santiago, no marco dun operativo conxunto co persoal do Distrito Forestal IV- Barbanza, procederon á investigación da presunta autora dun incendio ocorrido na parroquia de Oleiros, concello de Ribeira, o pasado día 12 de setembro, que afectou a 1.200 metros cadrados de superficie. Polos feitos instruíronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución en funcións de garda de Ribeira (A Coruña).

No que vai de ano, Policía Autonómica xa leva investigadas ou detidas a 59 persoas por delitos relacionados con incendios forestais.

https://www.youtube.com/watch?v=0I0QB5rzSaQ

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.