A programación dos festexos foi desgranada na casa consistorial da Pobra polo alcalde Xosé Lois Piñeiro, a edil de Festexos, Charo Varela e o presidente da comisión de festas, José García.
Unha variada programación para todas as idades acompaña estes festexos, asi o Gran Parque Infantil Pueblalandia, o Tren Po-Pop farán as delicias dos mais novos, pero non vai faltar a Exhibición de cetrería e aeromodelismo ou os grupos tradicionais de gaitas e baile, como a Agrupación Xuvenil Xilbarbeira, as Pandereteiras Ruadiña e O Son das Ferreñas.
O día máis importante do festexo será o domingo, xornada na que saírá en procesión a tradicional imaxe do Nazareno. Dende as 10:30 da mañá, a figura será portada dende a igrexa de Santiago do Deán polas rúas da localidade.
https://www.youtube.com/watch?v=2JkQXjdHKS4