Obradoiros de musica tradicional, cantos de taberna, degustacións… son múltiples as actividades que poñen en valor o baile e o traxe tradicional da cultura galega e que a asociación Pon un Sancosmeiro saca a relucir cada verán dende hai 9 anos, cunha celebración polas rúas de Noia que este 2023 está fixada para o próximo sábado 19 de agosto.

