Membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Riveira acudiron esta mañá á Academia da Seguridade na Estrada co fin de recoller unha zodiac e un remolque de emerxencia de que fixo entrega a Dirección Xeral de Emerxencias da Xunta co fin de seguir dotando á devandita entidade.
A embarcación conta con 5,4 metros de eslora e está destinada a ser empregada en rescates acuáticos e cantas incidencias xeral a fagan necesaria ao longo do ano.
Ademais, o remolque está equipado con diverso material de emerxencias.
https://www.youtube.com/watch?v=a8tBlxk9GOY