Unha vivenda da rúa Álvaro Cunqueiro, no barrio ribeirense de Fondevila, foi pasto das chamas onte pola mañá. O lume comezou pouco despois das 11.30 horas nun inmoble unifamiliar habitado por unha muller duns 75 anos, que estaba no interior cando se iniciou o incendio. A mesma septuaxenaria foi a que acusou publicamente, en presenza de familiares, veciños, axentes policiais, bombeiros e profesionais do 061, a un home de ser o autor do lume. A afectada asegurou que se trataba dun esmoleiro que chamou á súa porta para solicitar esmola, e que provocou o incendio ante a súa negativa a darlle algo
A columna de fume do incendio, que mobilizou a un completo de operativo formado por equipos de urxencias de Ribeira, podía verse onte pola mañá desde diferentes puntos do perímetro da cidade. Os camións de bombeiros, tanto de Santa Uxía como de Boiro, non puideron chegar ata a casa polo estreitas que son as rúas de Fondevila, e víronse na necesidade de estirar as mangueiras uns 100 metros.
A propietaria da vivenda explicou que despois de atender ao esmoleiro dirixiuse a unha dos cuartos para facer unha cama, e que aos poucos minutos sentiu un forte cheiro a queimado. Aos poucos instantes xa estaba na rúa, á que saíu por si soa, e alertou a uns veciños do incendio.
Unha filla da señora explicou ao chegar á casa da súa nai que non é a primeira vez que teñen que apagar un incendio no perímetro desta vivenda. O último episodio, segundo relatou aos axentes, ocorreu hai dous anos.
A Policía Nacional iniciou unha investigación, aínda que, segundo informaban na comisaría, será necesario coñecer as conclusións do informe dos bombeiros e tomar declaración á dona do inmoble cando estea máis tranquila, xa que ao longo da mañá a súa versión foi cambiando e caendo en contradicións.
http://youtu.be/XfxI29vZE7c