A maioria de alumnos e alumnas de ESO e BACH comezaron esta mañá o curso nos institutos galegos, un curso que chega con varias novidades, como novas materias de libre configuración, a introdución dos itinerarios en 4º de ESO e sen selectividade.
O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, destacou que o curso comezou con total normalidade, Román Rodríguez apuntou que este curso sigue avanzando o plurilingüismo nas aulas, chegando este ano a uns 100.000 estudantes, así como a inserción das novas tecnoloxías nos centros educativos.
Ante a implantación da Lomce por primeira vez neste ano en 2º e 4º de ESO e en 2º de Bacharelato, o conselleiro de Cultura e Educación aproveitou para lanzar unha mensaxe de tranquilidade a todo o alumnado destes cursos. Román Rodríguez reiterou a demanda ao Ministerio de que a avaliación final de etapa de ESO non teña unha repercusión académica no expediente do alumnado e non contabilice para a obtención do título de ESO. Neste sentido lembrou que tal como establece a Lei, xa non vai condicionar o paso do alumnado á seguinte etapa neste curso que agora comeza.
Respecto da proba de final de etapa de bacharelato e de acceso á universidade o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia sinalou que podería ser moi parecida á actual, e que se vai poder desenvolver con total normalidade neste curso, que vai ser o seu primeiro ano de implantación.
https://www.youtube.com/watch?v=Lbal6gX1whI