Na Pobra do Caramiñal cambiou o equipo de goberno pero non os problemas, e novamente o BNG da conta dunha situación que preocupa ós veciños da aldea de Raña, que así como se achega o inverno miran ó ceo temerosos de que chova con forza e suba o río Lérez inundando novamente a aldea. Ante este temor os nacionalistas presentanron unha moción para o seu debate no próximo pleno na que se solicita que o Concello da Pobra e augas de Galicia se poñan de acordo e tomen medidas neste entorno.
Dende o BNG consideran que deben limparse as marxes do río, dragalo cauce e mesmo sanar as fincas dos arredores.
https://www.youtube.com/watch?v=YjyvFX6cgk0