O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas fixo públicas as liquidacións dos orzamentos dos entes locais de España correspondentes aos exercicio 2015.
Dos datos comunicados, despréndese que o Concello de Riveira foi o oitavo municipio que máis dedicou en Galicia a investimentos reais (é dicir á creación de infraestruturas e adquisición de bens): un total de 6.092.827 euros.
Tan só están por riba A Coruña (28.076.312 euros), Vigo (14.907.078), Arteixo (11.081.192 euros), Ourense (10.280.051), Ferrol (10.019.974), Pontevedra (8.121.619) e Lugo (7,985,970).
A continuación figuran Carballo (5.947.471) e Lalín (4,720,340) para ocupar o top ten dos concellos da nosa comunidade.
No ámbito da comarca de Barbanza, no que Riveira tamén está instaurado no primeiro lugar, séguenlle Boiro (4.321.662), Noia (3.490.920), Porto do Son (2.075.418), A Pobra (1.459.069), Lousame (965.749) e Rianxo (569.707).
Outro dato salientable é o que se refire a actuacións de protección e promoción social: un capítulo onde o municipio riveirense ocupou un lugar destacado con 1.935.244 euros, o que lle permitiu liderar amplamente a comarca. Séguenlle Noia (1.290.357 euros), Boiro (1.091.737), Porto do Son (921.640), A Pobra (569.758), Lousame (514.410) e Rianxo (446.193).
https://www.youtube.com/watch?v=A_0GQiEQdfo